31 ene 2012

Unha árbore para a paz

O 30 de Xaneiro celébrase O "Día Escolar da Non Violencia e da Paz". Nós quixémolo lembrar cun acto simbólico no que enchemos as pólas dunha espida árbore con follas moi especiais: palabras bonitas, mensaxes positivas e froitos de paz. A árbore está preciosa e durante estes días podédela visitar ao carón da biblioteca. Rematamos este acto cantando un tema de"Luar na Lubre": No mundo.

No mundo hai tres cousas que me poñen mal
As guerras, a fame e a desigualdade
Non sexas pasivo e móvete xa
Aínda hai esperanza, devemos loitar

Coas guerras fracasa a humanidade
é unha constante de volta para atrás
morte, enfermidades e desolación
levántate, móvete e deixa o sillón.

Da fame, queridos, que vos vou dicer
Milleiros de nenos non ten que comer
En Asia, América ou en África
Polo ben deste mundo, solidaridade

En Asia, América ou en África
Polo ben deste mundo...
SOLIDARIDADE

No hay comentarios:

Publicar un comentario