21 nov 2011

Que ben o pasamos no Magosto!

Venres, 18 de novembro. Hora: 12:00. Empeza a festa!

   Un bo número de xogos agardaba por nós no patio: carreiras de sacos, as chapas, os trompos, a corda, o xogo das cadeiras, o lanzamento da castaña, o pano e a castaña por detrás. Como podedes ver nas fotos, pasámolo xenial; "démolo todo" na pista.
   E despois de tanto esforzo, que mellor que unhas ricas castañiñas asadas. Por certo... que ricas estaban!

No hay comentarios:

Publicar un comentario