Espazo no que queremos compartir as nosas experiencias con toda a comunidade educativa
2 nov 2011
Neste outono chegou á nosa escola o Samaín máis terrorífico!! Os preparativos da festa tivéronnos estes días moi ocupados. Durante toda a semana, tivemos na biblioteca a semana do medo, e nas aulas traballamos arreo para decorar o cole. Ademais, nas casas, coas nosas familias fixemos unhas fermosas cabazas que logo estiveron en exposición. Cada ano son máis orixinais!! Na aula de música preparamos un baile (Ghostbusters) e na aula de inglés traballamos a letra da canción.
E por fin chegou o día...no que sempre hai algunha sorpresa. Este ano agardábanos unha sesión de cine de terror. Os máis pequeniños, viron a Tigger e Pooh resolvendo os misterios do bosque dos 100 acres. O primeiro ciclo viron a "Casper", a pantasma máis divertida de tódolos castelos encantados.
E os máis maiores disfrutaron con " Os mundos de Coraline", da que podedes visitar a súa preciosa e divertida páxina web. Non ían mal encamiñados aqueles que intuíron que os cucuruchos que decoramos na clase eran para gardar flocos de millo!!
Despois da peli, para estirar as pernas saímos ao patio e logo nos recollemos para bailar e cantar un ratiño ao carón das cabazas. E como o tempo nos acompañou, puidemos xogar a atopar as cabazas agochadas, que este ano...estaban ben escondidas.
Podedes ver unha montaxe que resume o que vivimos no noso cole o día de Samaín. Agora, a coller forzas para o magosto! Ide preparando as castañas!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pois si que o pasásechedes ben !!
ResponderEliminarAs cabazas quedaron moi chulas.
Mira que o pasastes de medo! A que mellor bailou foi Aneli...
ResponderEliminarJo no instituto non hai cabazas, nin películas e por suposto nin palomitas!!!! Quedaron moi bonitas as cabazas e moi boa elección a de ver Los mundos de Coraline! Esa si que dá medo!!!
ResponderEliminarUn bico para todos!!