4 abr 2011

O escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano



   O pasado martes tivemos a gran sorte de ter con nós ao escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano, autor de Mil cousas poden pasar, libro co que resultou gañador do premio Merlín 2009.
   A charla foi moi interesante porque, ademais de coñecer como foi o proceso de creación do libro, puidemos gozar dos seus debuxos.
   A verdade é que mereceu a pena asistir porque puidemos saber en primicia detalles da tan esperada segunda parte de Mil cousas poden pasar.
   Grazas Jacobo por esta charla tan entretida e ilustrativa!

1 comentario:

  1. serguio somoza tubio10/4/13, 18:37

    estamos a 10-04-13 pasron tres anos dende a visita de jf serrano estou lendo o libro en 5º esrto es pesadilla en la cocina e unha broma

    ResponderEliminar