24 ene 2011

FOTOS DO NADAL


  
Aquí tendes algunhas fotos do Nadal. Nelas podedes ver a bonita árbore que construímos entre todos os nenos e nenas do colexio.  A que quedou chula?
   Coma todos os anos non podía faltar a visita das  SS.MM os Reis Magos de Oriente ao colexio de Asados porque... somos tan boíños que... por forza tiñan que pasar por aquí para recoller todas as nosas cartas, non si?Pero este ano foi dobre sorpresa porque ademais  deles tamén tivemos polo cole ao apalpador, como podedes ver nas imaxes. Si, si, ese xigante que é carboeiro e que lle deixa castañas quentes aos nenos polo Nadal. O mesmo!
   Ademais de todo isto tamén fixemos festa nas aulas e, como remate, interpretamos unhas cancións moi bonitas en galego e en inglés na aula de música . Pasámolo moi ben!

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario