Educación Infantil e 1º ciclo de primaria fomos onte de excursión ao Parque Natural de Corrubedo. Aprendemos moito sobre este espacio protexido e tamén visitamos as dunas. Manolo, que foi quen nos guiou no paseo, insistiu moito na riqueza da flora e da fauna do lugar, así que prestamos especial interese en non danar ningunha especie. Andamos moito e vimos preciosas paisaxes, sobre todo dende o mirador: a praia, a duna, as lagoas... Xa estabamos famentos cando o autobús nos levou ao Parque de San Roque, onde comemos. Despois,puidemos xogar e ata visitamos a recreación dun antigo asentamento. Foi moi divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario