17 feb 2010

O Entroido

Este ano,o Entroido chegou a Asados todo cheo de cores. Había príncipes e princesas que parecían sacados dun conto da Idade Media, uns marchosos mexicanos que nos animaron moito o noso desfile cantando as súas rancheritas, uns coches ben bonitos que encheron de tráfico os camiños de Asados, nunca se viran tal cousa os que se achegaron a vernos!, pareciamos estar nun circuito de Fórmula 1!!, e uns ovos fritidos que estaban tan guapos que daba ganas de comelos!! O que si comimos, foron os doces que fixestes nas casas, estaban riquíííííssiiiiimooossss!!!! E o que nunca cambia, é o MECO, tan malo coma sempre, ao final ninguén se atreveu a perdoalo e foi queimado na fogueira. Teremos que agardar o ano próximo para ver como se porta.




1 comentario: