13 ene 2010

BENVIDOS!!!

A partir de agora, este será un espazo onde alumnos, alumnas ,mestres e mestras, poidamos compartir as nosas experiencias diarias no noso colexio. Será un pequeno buratiño na porta polo que intentaremos mostrarvos esas cousas que dende a casa non podedes ver e seguro vos gustaría. Ademáis, este lugar, aberto para todos, servirá para comunicarnos a través dos comentarios e estar maior informados do que acontece no centro.

Sen máis, queremos mostrar algúns dos momentos máis especiais do curso 2008-2009, e proximamente traballaremos para actualizar as actividades deste curso.


3 comentarios:

  1. que blogue mais bonito, enchedeo das bosas cousas para que medre.

    ResponderEliminar
  2. Gústanos moito que abrírades este buratiño para que tamén desde a casa podamos participar do que estades a facer na escola.
    E tamén nos gusta o ben que está quedando!
    Cova e Adolfo

    ResponderEliminar
  3. Este blogue e o mellor.Non ten punto de comparacion con outros blogues.O blogue do cole de asados e...O MELLOR!!!

    ResponderEliminar