18 ene 2017

FESTIVAL DE NADAL 2016

Coma todos os anos, reciBimos aos Reis Magos ofrecéndolles as nosas actuacións! Aquí mostramos uns videos do que foi o noso festival de Nadal. Queremos agradecer á ANPA a súa colaboración na celebración desta festa EDUCACIÓN INFANTIL.5 Anos. Metido nun ovo EDUCACIÓN INFANTIL. 3 e 4 anos. Mamasita, onde está Samta Claus? 1º e 2º PRIMARIA. CANTO DE REIS 3º,4º,5º,6º.ALELUIA. Música. Leonard Cohen. Letra:3º e 6º de primaria 5º e 6º. Aula de inglés All I Want For Christmas CAMPANADAS

17 ene 2017

SAMAÍN 2016

Aquí podedes ver a actuación que fixemos polo Samaín. Versionamos o famoso canto indio Anikuni. Para a ocasión elaboramos uns preciosos paus de chuvia.

23 jun 2016

22 jun 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO. Educación Primaria (1º,2º,3º,4º) e Infantil. ILLA DE CORTEGADA

Acompañounos un día precioso para realizar a nosa excursión de fin de curso á Illa de Cortegada. Por cuestión da marea non puidemos embarcar ata o mediodía, así que antes decidimos dar un paseo por un ecosistema moi especial, as brañas. Alí visitamos as Torres do Oeste en Catoira, onde fixemos xogos, experimentos e talleres. Pola tarde puidemos disfrutar da Illa de Cortegada. Unha viaxe en barco, unha camiñata pola sombra e un baño na praia puxeron o fin de festa ao noso fin de curso. Foi estupendo!!

14 jun 2016

O Galo Pinto. Xornadas de teatro. 5 anos

Os nenos e nenas máis maiores da etapa da educación infantil, quixeron despedirse cunha fantástica representación do "Galo Pinto". O vindeiro curso xa estarán en primeiro e queren estar ben preparados!!

13 jun 2016

A ratiña curiosa. 3 anos. Xornadas de teatro

Os máis pequeniños da escola xa queren demostrar as súas dotes interpretativas... e escolleron para a ocasión unha adaptación da canción "a ratiña curiosa". Podedes comprobar o ben que o fixeron e o guapísimos e guapísimas que estaban!!

Andaina polo Río Te

O pasado venres 10 de xuño fomos facer unha andaina polo Río Te. Alí puidemos comprobar como é a vida nun ecosistema de río, vendo directamente as especies de flora e fauna que previamente estudiamos nas aulas. A tranquilidade da mañá e as raioliñas de sol deixáronnos fermosas imaxes que aquí compartimos con vós.